Alcaldía

Alcalde
Adolfo Muíños Sánchez

adolfo.muinhos@concelloderianxo.es

Casa Consistorial
Praza Castelao, 1
15920. Rianxo.
Localizar en Google Maps

981 86 00 75

981 86 66 28

alcaldia@concelloderianxo.es

Tenencias de Alcaldía

Segundo Resolución de Alcaldía 913/2011 de 27 de xulo de 2011, en materia de nomeamento dos Tenentes de Alcalde, noméase aos seguintes membros da Xunta de Goberno Local na orde que se indica:

 

Acta da Sesión Extraordinaria Organizativa (Pleno extraordinario nº 12 de 30 de xuño de 2011)

Corresponde aos Tenentes de Alcalde, en canto tales, substituír na totalidade das súas
funcións e pola orde do seu nomeamento, o Alcalde, nos casos de ausencia, enfermidade ou
impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións.
 

Saúda do Alcalde

Benvidos e benvidas a esta xanela aberta do Concello de Rianxo. Dende o goberno local, que me honro en presidir, reciban un moi cordial saúdo. No que foi o noso compromiso coa transparencia e a participación veciñal a administración electrónica é unha ferramenta esencial chamada a xogar un papel crecente nas relacións da administración cos cidadáns.

Internet é unha porta aberta para relacionarse coa administración local: veciños e veciñas, autónomos, empresas... procuran nas páxinas institucionais unha solución aos problemas, informarse, facer un trámite, achegar un petición ou transmitir unha queixa. Iso ademais de ser unha achega virtual a un concello cheo de beleza paisaxística e natural, de riqueza patrimonial e cultural, que deu en que se lle alcumara de Atenas da Arousa, pois Rianxo foi un fervedoiro das letras e do pensamento do noso país. Tamén un municipio que conta cun parque empresarial de recente creación preparado para acoller emprendedores/as ao pé da autovía do Barbanza e que garantirá, agardamos, un futuro próspero.

Queremos que a nosa páxina sexa próxima, útil, progresivamente unha oficina aberta as 24 horas e que, comodamente desde a pantalla do computador na casa, na escola, no centro cultural, nos centros de traballo, permita coñecer e relacionarse co Concello de Rianxo, abrindo as portas de servizos municipais, dos representantes políticos, de procedementos administrativos, de información básica sobre o municipio.

Convídolles a entrar nesta web e avanzar connosco no camiño de transformación e modernización, para estar cada vez máis e mellor ao seu servizo.

Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde de Rianxo